Segundo o libro "Dos mil nombres gallegos", de D. Francisco Lanza Álvarez e maila "Geografía General do Reino de Galicia", na parte correspondente a A Coruña, de E. Carré Aldao, o lugar "Dans", de onde vén o apelido, existíu como propio en Bergondo.
Non entendo moi ben por qué insistir en que a súa orixe está en ANS, Carral, segundo comprobei no teu traballo. Penso que deberías rectificalo.
Estimado Artai,
Ben, decirche que eu non vou rectificar, de momento, porque non me convence, cos datos que dispoño, que o apelido DANS proceda dun lugar chamado así no concello de Bergondo.
Antes de nada, comentarche que unha cousa é Xenealoxia.org e outra é o meu traballo sobre os apelidos na web.
Xenealoxia.org ten un mecanismo de engadir todos os comentarios que existan nos foros sobre apelidos, polo que cando toque se meterá a información que ti das sobre apelido Dans na Enciclopedia e a túa opinión persoal.
Aclarado isto, e polo tanto separando o funcionamento de Xenealoxia.org dos meus comentarios realizados nos foros, che explico porque non me convence ainda a tua teoría (que pode ser certa) sobre a orixe do apelido Dans. Se Dans procedese dun lugar chamado DANS, o lóxico é atopar persoas chamadas "de Dans". Como verás, nen os datos que hai do Arquivo do Reino de Galiza aparece así, nen tampouco no Arquivo Histórico Universitario de Compostela:
Carta de obligación de otorgada por Fernando Dans e Francisco Ares Seoane, zapateiros veciños de Santiago ao correiro Xoan Mouro por 21 ducados e 8 reais que lle prestara. 25.01.1520
Este dato é moito mais antigo que os que hai no ARG, e tampouco aparece a forma "de dans". Se atopas esta grafía nalgún documento, entón si que rectificaría no mesmo intre.